miércoles, 23 de septiembre de 2009

A REDE NATURA 2000 NO CONCELLO

Forma parte da Rede Natura, o tramo costeiro que vai dende o Castelo do Soberano ata Arou. Son, aproximadamente, uns 24 km, que se engloban dentro do LIC Costa da Morte (Lugar de Interese Comunitario).

A Rede Natura 2000 é o elemento de conservación máis importante a nivel europeo. É unha rede ecolóxica de áreas de conservación da biodiversidade.

A finalidade da rede é asegurar a supervivencia a longo prazo das especies máis ameazados e dos lugares nos que éstas viven, axudando a frear a perda das mesmas.



LIC COSTA DA MORTE (código do LIC ES1110005).
Tramo de costa entre o Cabo Fisterra e a praia de Alba (Arteixo). Abarca case a totalidade do litoral noroeste agás o interior da ría de Camariñas e os núcleos poboados máis importantes.
O LIC ten unha extensión de 152km de litoral dos cales: 17% (26km) correspóndense con depósitos areosos (praias e dunas) e un 38% (4639ha) correspóndense coas augas mariñas.

OUTRAS FIGURAS DE PROTECCIÓN:
Zona de Especial Protección dos Valores Naturais: ZEPVN
Zona de Especial Protección para Aves: ZEPA

XEOMORFOLOXÍA
Os sistemas dunares están moi ben representados e inclúen múltiples formas sedimentarias e erosivas, algunhas delas pouco comúns ou case únicas a nivel estatal e incluso europeo como o Monte Blanco: é a duna remontante máis alta do noroeste peninsular que supera os 100m de altura.
Destacan tamén as grandes extensións de coídos (praias de bolos), así como tamén a abundancia de grandes e pequenas formas graníticas que constitúen elementos xeomorfolóxicos de interese.

A praia de Trece é un Punto de Interese Xeolóxico a nivel tanto estatal como autonómico.

Clima da zona: oceánico húmido, e con unha temperatura media de 13,5ºC

VEXETACIÓN
A vexetación e flora dos areais e dunas, cantís, chairas costeiras, acada un desenvolvemento, variedade e estado xeral de conservación tal que sitúa a este LIC entre os espazos naturais máis sobresaíntes do noroeste peninsular.


A comunidade de matogueira está moi ben representado por especies coma:

Herba de namorar (Armeria pubigera subsp. pubigera)
Fiuncho mariño (Crithmum maritimum)
Céspedes (Festuca rubra subsp.pruinosa)

e é tamén importante, destacando as mostras que podemos atopar no Cabo Vilán e nos promontorios máis expostos.
Por riba destes hábitats, destaca o brezal-toxeira, que se caracteriza polo seu baixo porte e o aspecto almofadado.
Como especie, destaca o Toxo endémico (Ulex europaeus subsp. latebracteatus), que constitúe a comunidade máis característica e extendida do espazo natural.
Todas estas matogueiras e herbazais, adaptados ó constante vento e a importantes cargas de salinidade, son o hábitat preferido de gran número de especies endémicas, raras e ameazadas.
Ademais das abundantes armerias e toxos costeiros, pódense distinguir outras especies:

Centaurea da Costa da Morte (Centaurea corcubionensis): exclusiva da área entre o Cabo Fisterra e a praia de Trece.
Rumex rupestris: en perigo crítico a nivel estatal e que presenta varias poboacións en distintos puntos do LIC (as poboacións máis abundantes das que se coñecen en España)
Linaria aguillonensis: endémica da provincia da Coruña. É máis frecuente en cantís pero tamén se atopa en dunas.

A vexetación propia de praias e dunas, está moi ben representada en Trece e outorgalle un gran valor ao LIC, abarcando dende as comunidades que se atopan na cabeceira das praias ata os matorrais. Precisamente en Trece, encontramos unha ampla poboación da escasa e localizada Camariña (Corema album), onde se ubica o seu principal reduto en territorio galego.


FAUNA
O máis destacado en canto á fauna é a avifauna, sobre todo polas súas poboacións de aves mariñas, que se concentran para nidificar principalmente nos Illotes do Cabo Vilán.

Entre as aves nidificantes destacan:
Arao común (Uria algae): menos de 5 parellas entre os illotes do Vilán e as Sisargas.
Gaivota tridáctila (Rissa tridactila): menos de 30 parellas entre Vilán e Sisargas.
Paíño europeo (Hydrobates pelagicus): nidifica en Vilán.
Cormorán moñudo (Phalacrocórax aristotelis)

Entre as non nidificantes: destacan polo grao de ameaza e polo número de ejemplares na zona.
Colimbo grande (Gavia immer)
Pardela balear (Puffinus mauretanicus)

Ademáis de todo o anterior, toda a costa é unha zona de tránsito regular e estaciomento de numerosos exemplares de outras moitas especies de aves mariñas migradoras e invernantes.

En canto á avifauna non mariña, que soe estar vinculada a rochedos e chairas costeiras, destacan:
Choiva piquivermella (Pyrrhocorax pyrhocorax)
Falcón peregrino (Falco peregrino)
Cernícalo (Falco tinnunculus)
Corvo (Corvus corax)

Outros vertebrados:
Reptis: lagartos, lagartijas e salamandras
Mamíferos: lontra (Lutra lutra), lobo (Canis lupus)
Dentro dos mamíferos, algúns cetáceos aparecen regularmente:
· Delfín mular (Tursiops tursiops)
· Delfín común (Delphinus delphis)
· Caldeirón (Globicephala melas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario